Desde o parque de Belvís, pasando ao lado da Colexiata de Sar, chégase ao río Sar, en cuxa ribeira se acondicionará proximamente un paseo natural que comunicará os parques de Carlomagno, no barrio das Fontiñas, situado ao leste da cidade, e o de Eugenio Granell, no barrio da Ponde Pedriña, ao sur. Este proxecto permitirá tamén a conexión co parque da Cidade da Cultura, chamado 'Bosque de Galicia' 'actualmente en construción-, que ocupará unha superficie de 125.000 m2 e recreará os bosques tradicionais galegos.