estado do tempo
Hoxe é martes 22 de maio, temos 20ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

FAQs

Xeral

Quero atopar un aloxamento.

Consulta a sección Aloxamentos da nosa páxina web.

Onde está a zona de marcha?

Para tomar os viños: as Rúas de Franco e Raíña. Pubs e bares de copas na zona de San Paio de Antealtares e Porta do Camiño, e na zona nova polas rúas en torno á Praza Roxa.

A que distancia está a praia máis cercana?

A uns 35 kilómetros, en Noia ou en Vilagarcía de Arousa.

Cando se pode ver o botafumeiro?

Acciónase só nas festas relixiosas designadas polo Arcebispado para o seu uso ou cando alguen o teña pedido como ofrenda, o que adoita ser moi frecuente en temporada alta e moi especialmente nos Anos Santos. Máis información na sección "Catedral" desta web.

Onde podo comer?

Atopará moitos restaurantes na zona monumental así cmo na zona nova. A zona tradicional de viños está na Rúa do Franco e Rúa Raíña. Recomendamos que consultes a sección específica desta web.

Que horario ten a Catedral?

A Catedral está aberta todo o día, dende as 7 h. da mañá ata as 9 h. da noite aproximadamente. Ver horario do templo na sección específica da Catedral, e horario do museo na sección Museos.

Cada cantos anos se celebra o Ano Santo?

Celébrase cando o día 25 de xullo cae nun domingo. Debido aos anos bisestos, ten unha frecuencia irregular (cada 6, 5, 6 e 11 anos).

Cando é o próximo Ano Santo?

O ano 2021.

Como se gaña o Xubileo?

Para gañar o Xubileo, non é necesario facer o Camiño. É suficiente visitar a Catedral entrando pola Porta Santa calquera Ano Santo, rezar algunha oración así como confesarse e comungar calquera día comprendido entre os 15 días anteriores ou posteriores á visita.

A que distancia está o aeroporto?

O aeroporto está a uns 10 km. Os taxis teñen unha tarifa fixa, de 20 € (inclúe a equipaxe). A Empresa Freire ten unha liña de autobuses ao aeroporto desde a estación de autobuses e desde o centro da cidade (R/Doutor Teixeiro).

Que se pode ver a parte da Catedral?

Recomendamos que visite San Martiño Pinario, prazas e rúas colindantes, Mercado de Abastos, parques de San Domingos do Bonaval e Alameda e a Colexiata de Sar.

Camiño

Son peregrino e fixen o camiño en bicicleta. Como podo regresar a casa coa bici?

-En bus, só nas viaxes nacionais, reservando a praza para a bici (suplemento 10 €).
-En avión, rodas desinchadas e manillar xirado.
-En tren, pero só nos trens rexionais. (Para outros traxetos, durante o Ano Santo 2010 RENFE ofrece un servizo de envío por mensaxería).
-Enviando a bici por Correos ou por unha mensaxería.

 

Onde hai consignas?

Na estación de buses, no aeroporto e, puntualmente, na Oficina do Peregrino. Algunhas empresas privadas tamén ofrecen servizos de consigna de bultos e/ou bicicletas.

 

Onde consigo información do Camiño?

Na Oficina de Información de Xacobeo (Rúa do Vilar, 30-32.Teléfono: (+34) 902 33 20 10) ou ben consultando a páxina web de www.xacobeo.es

Como se consegue a Compostela?

Facendo o Camiño e selando a credencial nos albergues do camiño. Hai que facer como mínimo os últimos 100 kms a pé ou a cabalo ou 200 kms en bicicleta.

Son peregrino e quero ir a Fisterra: como fago?

a) A pé, o Camiño está sinalizado. b) En bus coa compañía Monbus (www.monbus.es).

Transporte

Como chego á Estación de Autobuses?

Collendo o autobús urbán nº 5 na Praza de Galicia. O autobús custa 1.00€ e sae cada 15-20 minutos.

 

Que medios de transporte teño para ir a Vigo ou á Coruña?

Autobús cada hora a Vigo, Pontevedra ou A Coruña (www.monbus.es).Trens casi coa mesma frecuencia (horarios de trens dispoñíbeis en www.renfe.es).

Como chego á estación de tren?

Collendo o autobús urbán nº 6 na Praza de Galicia. O autobús custa 1.00€ e sae cada 15-20 minutos.