Hoxe en día moitos milleiros de estudantes e profesionais son conscientes da importancia do idioma español. Nun mundo cada vez máis globalizado, a necesidade de aprender un idioma falado por máis de 400 millóns de persoas é unha obriga para aqueles que queren ter unha formación acorde cos tempos, que garanta o seu futuro profesional.
A evolución nos últimos anos do número de persoas que estudan español é imparable. En EE.UU. tense convertido na segunda lingua máis falada e estudada despois do inglés. O mesmo está a pasar en moitos centros educativos europeos, onde o español é xa o principal idioma optativo, superando en moitos casos ao alemán, o francés ou o italiano. Este interese crecente pola nosa lingua fai que o español sexa actualmente o segundo idioma máis estudado do planeta.
O prestixio académico da Universidade de Santiago de Compostela, unha das máis célebres e antigas de España, é unha razón máis que suficiente para estudar español en Santiago de Compostela, e máis se temos en conta que a súa boa reputación compártena tamén o resto de escolas de español da cidade.
Entrambas –Universidade e escolas privadas- conseguen que Santiago de Compostela dispoña dunha ampla e variada oferta de cursos de lingua e cultura españolas -de verán, semestrais, de outono, etc.- que inclúe cursos de formación específicos para profesores de español, cursos de preparación do DELE, clases individuais, de conversación, español de negocios, etc.
Ademais, Santiago de Compostela, capital de Galicia, é o lugar idóneo para coñecer as particularidades da cultura galaica e aprender galego, unha lingua minoritaria falada por 3 millóns de persoas, irmá do portugués e o brasileiro.
10 buenas razones para elegir Santiago de Compostela:
Ligazóns: