42º 52' latitude Norte
8º 33' lonxitude Oeste
Santiago de Compostela ocupa un punto achegado ao centro xeográfico de Galicia, no territorio máis setentrional e occidental de España.
A cidade, que se ergue a uns 260 metros sobre o nivel do mar, limita cara o leste coas terras do interior galego polas que avanza, entre fértiles outeiros e unha arquitectura popular feita de pedra, o Camiño de Santiago. Cara o oeste achégase ao litoral atlántico, que se abre a só 30 quilómetros. Unha liña recta imaxinaria trazada ate a costa faría de Santiago un punto medio entre as Rías Baixas e as Rías Altas, que lle engaden un paisaxe veciño de praias calmas e bravas, de portos de pescadores e naves de recreo, de rica gastronomía e lendas mariñas.
O clima oceánico húmido garante suaves temperaturas ao longo do ano. A media anual sitúase á volta dos 15 graos, con 8 graos por termo medio en inverno e un verán amábel que transcorre entre os 20 e 27ºC . As precipitacións concéntranse no inverno e de xeito variábel en primavera e outono.