Entre o xoves 23 e o martes 28, doce establecementos premiados en Santiago(é)Tapas ofrecerán a súa Tapa Fórum a un prezo de dous euros.Mañá tamén comeza o Forum Noite, no que seis establecementos crearán a súa Copa Fórum, que se poderá consumir a un prezo de catro euros presentando o folleto do Fórum Cidade.
Na mañá do sábado 25 os tres grupos de cociñeiros máis representativos de Galicia, Nove, Gourmand e Xantares, prepararán un cocido no Mercado. O sábado ás 12.00 horas tamén se inaugurará a exposición 'Carne sobre carne' do fotógrafo compostelán Juan Guerrero.