estado do tempo
Hoxe é martes 22 de maio, temos 20ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Emprego

 PROCESO: CONVOCATORIA DAS LISTAS PREVIAS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE AUXILIARES DE INFORMACIÓN DE TURISMO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

Día 8 de marzo de 2011

Aprobación polo Consello de Administración das Bases Xerais que rexerán para o proceso.

- Descarga das BASES en pdf.

- Descarga do Modelo de solicitude ANEXO I en pdf.

 

 

Día 9 de marzo de 2011

Publicación do anuncio nos medios. La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

 

 

Día 17 de marzo de 2011

14:00 horas: fin do prazo para a presentación de solicitudes.

 

 

Día 21 de marzo de 2011

12:00 horas: Reunión da Comisión de Selección.

Punto 1. Preselección de aspirantes admitidos en función do currículo que acreditará os requerimentos indespensables.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas, confecciónase e apróbase a seguinte lista provisional de admitidos e non admitidos ao proceso de selección:

Descarga LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS / NON ADMITIDOS

 Apróbase a concesión de 2 días hábiles a partir da aprobación e publicación na web www.santiagoturismo.com/emprego e na Oficina Central de Turismo de Santiago da lista provisional de admitidos, para a presentación de documentación que subsane as causas de non admisión.

Todas aquelas persoas que desexen presentar a documentación adicional poderán facelo:

-          De xeito presencial en horario de 9:00 a 14:00 horas na Oficina Central de Turismo de Santiago, Rúa do Vilar 63, 15705 Santiago de Compostela.

-          Debido á urxencia do proceso, aqueles de opten polo envío da documentación, deberán empregar un sistema de envío urxente dentro do mesmo prazo, e anunciar o envío ao fax (981 554 748) ou ao correo electrónico (ot@santiagoturismo.com), indicando datos persoais, documentación que se achega e medio de envío empregado.

Punto 2. Fixación das datas das probas.

Apróbase a celebración das probas correspondentes á fase 2 do proceso de selección: proba de recursos turísticos e probas  de idiomas, o martes, día 29 de marzo de 2011, en horario de 16:30 a 20:30, nas instalación do CERSIA Empresa, Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, (zona San Lázaro), 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA.

 

 

Día 25 de marzo de 2011

10:00 horas: Reunión da Comisión de Selección.

Punto único. Aprobación da lista definitiva de aspirantes admitidos en función do currículo que acreditará os requerimentos indispensables.


Apróbase a lista definitiva de admitidos / non admitidos para participar na 2ª fase do proceso.

Descarga LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS / NON ADMITIDOS

A Comisión de Selección acorda emprazar aos candidatos admitidos á 2ª Fase do proceso, “Avaliación de coñecementos: Proba escrita de recursos turísticos e probas orais de idiomas indespensables”, para o vindeiro martes, día 29 de marzo de 2011, ás 16:30 horas, no edificio CERSIA (San Lázaro), Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n, 15703 Santiago de Compostela. A comunicación do acordo farase a través da web www.santiagoturismo.com/emprego e mediante publicación na Oficina Central de Turismo de Santiago.

 

Día 29 de marzo de 2011

16:30 horas: Proba escrita de recursos turísticos e probas orais de idiomas indispensables.

Lugar das probas.
Edificio CERSIA (San Lázaro)
Rúa Alcalde Raimundo López Pol sn.

15703 Santiago de Compostela
Os candidatos deberán ir provistos de DNI ou Pasaporte.

 

Día 04 de abril de 2011

09:00 horas: Reunión da Comisión de Selección.

Punto 1. Aprobación dos resultados das probas da 2ª fase (recursos turísticos y proba de idiomas indispensables) e da 3ª fase (avaliación da experiencia profesional).

Descarga LISTA PROVISIONAL DOS RESULTADOS DA 2ª E 3ª FASE

Apróbase a concesión de 2 días hábiles a partir da aprobación e publicación na web www.santiagoturismo.com/emprego e na Oficina Central de Turismo de Santiago dos resultados correspondentes á 2ª e 3ª fase do proceso, para a presentación de documentación que xustifique a experiencia profesional non valorada.

Todas aquelas persoas que desexen presentar documentación adicional poderán facelo:

- De xeito presencial en horario de 9:00 a 14:00 horas na Oficina Central de Turismo de Santiago, Rúa do Vilar 63, 15705 Santiago de Compostela.

- Debido á urxencia do proceso, aqueles que opten polo envío de documentación, deberán empregar un sistema de envío urxente dentro do mesmo prazo, e anunciar o envío ao fax 981 554748 ou ao correo electrónico ot@santiagoturismo.com, indicando datos persoais, documentación que se achega e medio de envío empregado.

Punto 2. Aprobación da lista provisional de admitidos á 4ª fase do proceso (entrevista persoal) e fixación da data da entrevista.

Descarga LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS Á 4ª FASE DO PROCESO (ENTREVISTA)

A Comisión de Selección aproba a celebración das probas correspondentes á fase 4 do proceso de selección: entrevista persoal coa Comisión de Selección, para o vindeiro luns, día 11 de abril de 2011, co seguinte horario:

- Candidatos co nº rexistro entre o 2 e o 24: ás 9:00 horas.

- Candidatos co nº rexistro entre o 25 e o 55: ás 11:30 horas.

Lugar de celebración da entrevista: Incolsa - Turismo de Santiago, Rúa do Vilar 63, 15705 Santiago de Compostela.

Os candidatos deberán ir provistos de DNI ou Pasaporte.

 

Día 08 de abril de 2011

10:00 horas: Reunión da Comisión de Selección.

Punto 1. Completada a revisión da documentación presentada dentro do prazo de alegacións á 2ª e 3ª fase do proceso de selección,  a Comisión aproba a relación de resultados definitivos correspondentes á 2ª fase (proba de recursos turísticos e probas de idiomas indispensables) e 3ª fase do proceso de selección (valoración da experiencia profesional).

Descarga LISTA DEFINITIVA DOS RESULTADOS DA 2ª E 3ª FASE

Punto 2. Como consecuencia dos resultados aprobados no anterior punto e dando por completadas a fase 2ª e 3ª do proceso, a Comisión de Selección aproba a lista definitiva dos candidatos que participarán na 4ª fase do proceso de selección (Entrevista Persoal coa Comisión de Selección).

Descarga LISTA DEFINITVA DE ADMITIDOS Á 4ª FASE DO PROCESO (ENTREVISTA)

Punto 3. Segundo o acordo tomado na reunión do día 4 de abril de 2011, os  candidatos admitidos quedan emprazados para o vindeiro luns, día 11 de abril do 2011, na Oficina Central de Incolsa – Turismo de Santiago, para levar a cabo a Entrevista Persoal (4ª fase do proceso de selección) coa Comisión de Selección.

O horario previsto será o seguinte:

- Candidatos co nº rexistro entre o 2 e o 24: ás 9:00 horas.

- Candidatos co nº rexistro entre o 25 e o 55: ás 11:30 horas.

Os candidatos deberán ir provistos de DNI ou Pasaporte.

 

 

Día 11 de abril de 2011


9:00 horas: Reunión da Comisión de Selección que avaliará a 4ª fase do proceso de selección (Entrevista Persoal)


Punto 1. Desenvolvemento da 4ª Fase do proceso de avaliación: Entrevista persoal coa comisión de selección.


Descarga RESULTADOS ENTREVISTA PERSOAL (4ª FASE)

 

Día 14 de abril de 2011

13:30 horas: Reunión do Consello de Administración.

A proposta da Comisión de Selección, o Consello de Administración aproba por unanimidade as Listas Previas para a contratación temporal de Auxiliares de Información de Turismo de Santiago.

Descarga LISTAS PREVIAS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL