Non só para amantes da arte: razóns para visitar as galerías de Santiago
Ademais da oportunidade de entrar en contacto co mundo da arte, as galerías de Santiago teñen un atractivo adicional: moitas delas están situadas en edificios históricos, e iso supón unha ocasión única para coñecer interesantes espazos interiores. Pero aquí tes outras 8 razóns para visitalas:
1. A entrada é completamente gratis.
2. En Santiago, incluso a galería máis grande é pequena, e iso fainas moi «manexábeis», visitábeis en media hora.
3. É moi habitual que expoñan artistas locais cun forte sentido do lugar, o que permite descubrir novos matices ou refrescantes perspectivas de Santiago, de Galicia...
4. Viño e queixo ou outros aperitivos e unha oportunidade para relacionarse co artista nas inauguracións.
Non hai presión ningunha para mercar: os galeristas están totalmente acostumados á xente que mira pero non compra.
5. Os galeristas saben moito de arte e dos artistas expostos, e están dispoñíbeis para responder as túas preguntas.
6. Falando con eles podes aprender moito de arte e do negocio da arte.
7. Moitas galerías ofrecen unha ampla variedade de prezos, para todos os presupostos, e algunhas tamén dispoñen de libros, catálogos, etc. que sempre son boas opcións.
8. Hai variedade de galerías, con contidos para todos os gustos.