A Galería Trinta existe dende 1985. Dende os seus inicios orientou a súa actividade á exhibición e promoción dos artistas máis comprometidos coa linguaxe plástica do seu tempo. Santiago de Compostela é a cidade que acolleu as súas exposicións nas que as máis diversas manifestacións plásticas tiveron cabida. Artistas como Ignacio Basallo, Eva Lootz, José Freixanes, Thomas Jocher, Manolo Paz, Florentino Díaz, Jorge Barbi, Perejaume, Berta Cáccamo, Elena Blasco, Vari Caramés, Alberto García-Alix, Xesús Vázquez, Miquel Mont, Pamen Pereira, Carlos Pazos, Alicia Martín, Antonio Murado... entre outros, fixeron do espazo da galería o seu lugar de traballo para amosar ao público o mellor dos seus talleres.
Luns - venres: 12.30 - 14.30 h / 17.30 - 21.30 h