LICITACIÓNS EN CURSO
Contratación, polo procedemento aberto, da subministración da sinalización turística urbana de Santiago de Compostela.
Expediente de contratación nº 2011/002
Obxecto: A subministración e instalación da Sinalización Turística Urbana en Santiago de Compostela.
Orzamento máximo de licitación (sen IVE): 188.290,00 €.
Prazo máximo de execución: 12 semanas.
Prazo e lugar de presentación de propostas: vinte días naturais a contar dende o seguinte á publicación do anuncio de licitación, e lugar no Rexistro de INCOLSA.
Información: Teléfono: 981555129
Descarga Folla de especificacións e pregos de condicións
Descarga Proxecto de sinalización hoteleira urbana-Punto6-ANEXO V (75,3MB)
Descarga Proxecto de sinalización hoteleira urbana-Punto6-ANEXO V (Baixa resolución: 9,9MB)
7 de outubro de 2011: O Consello de Administración aproba os pregos de condicións que rexerán o concurso e o inicio do procedemento de contratación.
9 de outubro de 2011: Publicación do anuncio de licitación en El Correo Gallego e La Voz de Galicia.
31 de outubro de 2011 (ás 14:00): Finalización do prazo de presentación das propostas.
IMPORTANTE:
Iniciado o procedemento e publicados os anuncios na prensa e no perfil do contratante detectáronse erros no proxecto de sinalización incluído como punto 6 do prego de prescripcións técnicas que rexen a contratación, que se fai preciso corrixir.
Dada a complexidade do proxecto, é preciso dispor dun tempo para a corrección que, con toda seguridade, se estenderá máis alá do día da finalización do prazo disposto nos pregos para a presentación de ofertas.
É por iso, que con data 27 de outubro de 2011 O Consello de Administración aproba a SUSPENSIÓN DO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN, por non contar con prazo suficiente para a modificación de erros do proxecto de sinalización hoteleira, que forma parte do expediente, antes do prazo de finalización establecido para a presentación de ofertas.
PROXIMAS LICITACIÓNS
Non se prevén próximas licitacións.
CONTRATOS ADXUDICADOS
|
NOME |
PROCEDEMENTO |
ADXUDICATARIO |
|
Cesión da marca e dirección do "Fórum Gastronómico´10, As Cociñas do Atlántico". |
Negociado sen publicidade por exclusividade |
Forum Gastronomic, S.L. |
|
Servizos para o desenvolvemento dunha única plataforma web en englobe todos os sitios web xestionados por Santiago Turismo. |
Negociado sen publicidade |
Primate Multimedia Ibérica, S.L. |
|
Contratación dos servizos de xestión integral da operativa (booking) da Central de Reservas de Turismo de Santiago. |
Procedemento aberto |
Viajes Viloria, S.A. |
|
Contratación, polo procedemento aberto, do servizo de explotación do tren turístico urbano, con itinerario fixo, de Santiago de Compostela. |
Procedemento aberto |
Transportes Mosquera, S.L. |
PROCEDEMENTOS ANULADOS
Actualmente non hai procedementos anulados.
PROCEDEMENTOS DESERTOS
Actualmente non hai procedementos desertos.