estado do tempo
Hoxe é xoves 23 de febreiro, temos 7ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Santiago en 1, 2 e 3 días

Aproveita ben o teu tempo

Nas oficinas de Turismo de Santiago encontrarás auténticos tesouros de información e inspiración. Coa axuda do noso persoal, multilingüe, amábel e profesional, poderás facer o mellor uso do tempo do que dispós na cidade. Eles poden orientarche e facerche propostas concretas para aforrarche o traballo de organizar a túa visita e poder sacar todo o partido á cidade.

 

Aquí avanzamos algúns consellos para que non perdas o mellor de Santiago. Adiantámosche que 1 día é pouco, porque nun 1 día só se pode coñecer a cara máis coñecida de Santiago, a súa postal máis levítica e monumental. A nosa proposta é para 3 días, xa que 3 días descobren moito máis: empézase a intuír a esencia de Compostela, e descóbrense algúns segredos que fan que a cidade pase a ser dun mesmo, máis aló da apresurada excursión turística.

E non esquezas que esta é ante todo unha cidade segura e tranquila, feita á medida do corazón, e que o máis importante é simplemente relaxarse, deixarse levar por ela, e gozar.