estado do tempo
Hoxe é luns 21 de maio, temos 13ºC e prevese principalmente nubrado en Santiago de Compostela

Catedral

A Catedral de Santiago de Compostela é a obra máis sobresaínte da arte románica en España. É, ademais, a meta final de todos os Camiños de Santiago, que desde hai séculos levan aos peregrinos da Cristiandade cara a tumba dun apóstolo. Por se fose pouco, foi o punto de partida para a construción dunha urbe monumental, Santiago de Compostela, que naceu nun bosque sagrado do Fin do Mundo con vocación de Cidade Santa e Patrimonio da Humanidade.

Hoxe, cun milleiro de anos de existencia vividos ao ritmo da extraordinaria historia compostelá, a Catedral amósase coma un complexo conxunto de espazos duns 10.000 metros cadrados de superficie, capaces de recompensar coa súa potente espiritualidade a fe dos camiñantes e coa súa beleza aos visitantes do mundo.

A Catedral de Santiago custodia as reliquias dun apóstolo da...

Na súa longa existencia a Catedral foi escenario de toda clase de ...

Unha forma práctica de percorrer e coñecer a Catedral de Santiago.

Visitar as reliquias? Obter O Xubileu? Subir ás cubertas? Casar?...

Que grande e guapa é a Catedral de Santiago! Pero… por que se...