estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 24ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Parque da Alameda

Aínda que o parque recibe o nome xenérico da Alameda, componse de tres partes ben diferenciadas: o paseo da Alameda, a carballeira de Santa Susana e o paseo da Ferradura. A unidade así formada é, desde o século XIX, o máis importante punto de referencia dos paseos e do lecer dos santiagueses, caracterizada por ser un espazo moi acolledor, unha especie de salón natural.

A súa situación privilexiada, bordeando unha parte da cidade histórica e cunha magnífica perspectiva sobre a súa fachada oeste -a máis monumental-, converteuno no principal xardín urbano, destacado ademais pola variedade e porte das súas especies arbóreas e ornamentais, como o conxunto de carballos, os espléndidos eucaliptos ou a pérgola con vistas que compoñen os castiñeiros de Indias no paseo da Ferradura.

O paso do tempo foi deixando pegadas na súa ordenación espacial, como se pode apreciar no paseo central, con corredores para as distintas clases sociais do XIX; no case arco triunfal que dá acceso ao paseo dos Leóns, ou na disposición de terrados, fontes e estanques. E tamén nas súas edificacións decimonónicas, modernistas e actuais 'capela de Santa Susana, igrexa do Pilar, pombal, quiosco da música, banco acústico, etc.-, na abundancia e formas das súas estatuas e esculturas, e no seu mobiliario, especialmente os bancos graníticos con artístico respaldo de fundición da coñecida fábrica galega de Sargadelos.

Ficha técnica:
Extensión: 56.087 m2
Duración do percorrido do parque: 30 minutos
Topografía: pendente suave 
Horario: 24 horas
Especial Interese botánico
Especial interese monumental
Vistas / miradoiro
Amplas zonas de sombra
Amplas zonas de céspede
Áreas de descanso con bancos
Itinerarios peatonís
Posibilidade de percorrelo en bicicleta
Accesibilidade para minusválidos
Fontes de auga potábel

Cursos de auga:
estanque con patos
Parque de xogos infantil
WC públicos
Iluminación nocturna
Punto de información
Posibilidade de visitas guiadas
Proximidade de zonas de aparcamento

Mais información

Localización
Paseo das Letras Galegas, Santiago de Compostela, 15705


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.