estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 23ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Campus Universitario Sur

 

En 1929 aprobouse un ambicioso proxecto para a dotación de residencias de estudantes e doutras necesidades da Universidade, que foi a base do actual Campus Sur. Este proxecto supuxo unha ampliación -e tamén unha alternativa- á conxestionada cidade existente, seguindo as ideas hixienistas decimonónicas de 'cidade verde', 'cidade xardín'.

O trazado xeral baséase nun eixo que mira a poñente desde a escalinata que o conecta coa Alameda, e que relaciona zonas verdes, equipamentos deportivos e residencias. Desde a cima da grande escaleira gózase dunhas magníficas vistas do conxunto, así coma do monte Pedroso e do val da Amaía. A auga que brota ao pé da escaleira percorre o paseo central dando lugar a estanques e fontes.

Os  xardíns formalízanse cun rigoroso trazado xeométrico: prados, terrados, estanques e camiños enlázanse mediante paseos nos que podemos atopar unha gran diversidade de árbores e plantas ornamentais -tuias, camelias, magnolios, piñeiros, cedros, cimbros, ginkgos...-, constituíndo un peculiar xardín botánico urbano.


Ficha técnica:

Extensión: 400.000 m2 
Duración percorrido: 10 minutos
Topografía: pendente mínima
Horario: 24 horas
Especial interese botánico
Especial interese monumental
Vistas / miradoiro
Amplas zonas de sombra
Amplas zonas de céspede
Áreas de descanso con bancos
Posibilidade de percorrelo en bicicleta
Accesibilidade para minusválidos
Fontes de auga potable
Cursos de auga: estanque
Zonas deportivas
Iluminación nocturna
Proximidade de zonas de aparcamento

 

Mais información

Localización
Av de Antonio Raimundo Ibáñez, Santiago de Compostela, 15705


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.