estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 24ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Parque da Granxa do Xesto

Gran espazo natural na aba do monte Pedroso, a medio camiño entre parque pola súa configuración e equipamentos- e bosque, sendo de feito a antesala do parque forestal dese monte, que é o máis emblemático de Compostela.

Na Granxa do Xesto conviven o bosque (eucaliptos, piñeiros e especies autóctonas), os prados, e pequenos lagos alimentados por minas naturais de auga. Conta con 3 km de paseos, parque infantil, diversos elementos deportivos e unha tranquila cafetaría con vistas sobre a cidade.

É ademais o punto de partida dunha rede de sendeiros que percorre o Pedroso, destacando polo seu interese patrimonial o Via Crucis ao aire libre que, marcado por cruceiros, leva ata o cumio, desde onde se descobre a cidade distribuíndose pola paisaxe.

Ficha técnica:

Extensión: 82.711 m2
Duración percorrido: 50 min
Topografía: pendente pronunciada
Horario: 24 horas
Especial Interese botánico
Vistas / miradoiro (podemos poñer una cámara de fotos)
Amplas zonas de sombra
Amplas zonas de céspede
Áreas de descanso con bancos
Itinerarios peatonís
Posibilidade de percorrelo en bicicleta
Fontes de auga potábel
Cursos de auga: minas de auga e estanque
Parque de xogos infantíl
Cafetería
WC públicos
Iluminación nocturna
Punto de información
Posibilidade de visitas guiadas
Proximidade de zonas de aparcamento

Mais información

Localización
Rúa das Casas Novas, Santiago de Compostela, 15898


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.