A principios do século XII fúndase, nunha sombría carballeira á beira do río Sarela, o convento de San Lourenzo de Trasouto. No exterior desta edificación, que co tempo se converteu en pazo e actualmente é un distinguido restaurante para celebracións, segue existindo aínda un vizoso souto de carballos centenarios.
Sendo o carballo a árbore máis típica de Galicia 'vinculado en moitos casos á tradición mítica e lendaria-, as carballeiras foron sempre espazos de xuntanza, romaría, festa e celebración; espazos case sagrados, sombrizos, máxicos... Agachados entre as árbores hai unha fonte e dous cruceiros, cruces de pedra de gran tamaño que marcaban os camiños e que son seña de identidade de Galicia.
Ficha técnica:
Extensión: 8.287 m2
Duración percorrido: 5 minutos
Topografía: pendente mínima
Horario: 24 horas
Especial Interese botánico
Especial interese monumental
Amplas zonas de sombra
Ampias zonas de céspede
Áreas de descanso con bancos
Posibilidade de percorrelo en bicicleta
Accesibilidade para minusválidos
Fontes de auga potábel
Parque de xogos infantil
Iluminación nocturna
Proximidade de zonas de aparcamento