estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 24ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Parque de Eugenio Granell (O Paxonal)

Está situado no barrio do Paxonal, tamén coñecido co nome xenérico da Ponte Pedriña, moi preto da estación de tren. Nun futuro próximo o paseo verde do val do río Sar conectarao co de Carlomagno, nas Fontiñas. É un dos parques máis extensos de Compostela, e nel destacan, ademais das espectaculares vistas sobre a cidade, a súa configuración: as zonas axardinadas e de prado vanse convertendo pouco a pouco nun vizoso bosque de carballos á beira do río, alleo completamente á proximidade da cidade. Dispón de plataformas para exercicios físicos e de pistas de skate e en breve vai unirse aos parques do barrio de Conxo e desde aí aos do Campus Universitario Sur, completándose así o itinerario verde que rodeará a cidade.


Ficha técnica:
 
Extensión: 120.000 m2
Duración percorrido: 30 minutos
Topografía: pendente suave
Horario: 24 horas
Especial Interese botánico
Vistas / miradoiro
Amplas zonas de sombra
Amplas zonas de céspede
Áreas de descanso con bancos
Itinerarios peatonaís
Posibilidade de percorrelo en bicicleta
Accesibilidade para minusválidos
Fuentes de auga potábel
Cursos de auga: río Sar
Parque de xogos infantil
Pistas/zonas deportivas
Iluminación nocturna
Proximidade de zonas de aparcamento

Mais información

Localización
Rúa do Cottolengo, 19, Santiago de Compostela, 15702


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.