estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 24ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Paseo fluvial do río Sarela

Este paseo é un mundo á parte que se introduce no bosque e discorre completamente alleo á cidade suxerindo excursión, aventura, descubrimento e contacto directo coa natureza. Corre paralelo ás augas do pequeno río Sarela e permite constatar a importancia histórica que na articulación do territorio tiveron as canles fluviais: pontes, regos, canais, muíños, fábricas de curtidos... Estas últimas tiveron un papel moi relevante no desenvolvemento económico da cidade desde mediados do século XIX ata a metade do XX, tal e como queda patente ao longo deste percorrido que comeza nunha destas construcións fabrís, a da Ponte Sarela, e remata na do Carme de Abaixo, hoxe rehabilitada como urbanización de vivendas.
O sendeiro está sombreado, como se dunha pérgola natural se tratase, por carballeiras e vexetación típica das ribeiras galegas: ameneiros, bidueiros, salgueiros, etc.

Ficha técnica:
 
Duración percorrido: 30 minutos
Topografía: pendente suave
Horario: 24 horas
Especial Interese botánico: flora de ribeira e de chan
Especial interese monumental / patrimonial: muíños, pontes, fábricas de curtidos
Amplas zonas de sombra
Posibilidade de recorrelo en bicicleta
Cursos de auga: río
Proximidade de zonas de aparcamento

Mais información

Localización
Rueiro das Figueiriñas, Santiago de Compostela, 15705


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.