estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 24ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Parque de Galeras

O parque de Galeras esténdese ao longo das marxes do río Sarela sobre un terreo case plano no que se xunta co regato Corgo. Esta valgada delimítana polo oeste a finca do Espiño 'frondosa e con romántico palacete modernista- e o monte Pío 'onde está a residencia do presidente da Comunidade Autónoma de Galicia-, e polo leste a cidade monumental, o que nos permite apreciar o contraste entre o tamaño dos bloques de vivendas e dos grandes edificios singulares (catedral, convento de San Francisco, facultade de Medicina, mosteiro de San Martiño Pinario, antigo hospital, etc.) e as pequenas casas e construcións de escala rural que soben cara ao monte Pedroso. Marca, por tanto, o límite entre a cidade e o contorno natural.
Galeras é sobre todo un gran prado, moi adecuado para o paseo, o xogo infantil e a práctica deportiva, que ten ademais nos seus bordos varias arquitecturas de autor, e cafetarías e restaurantes con vistas sobre o parque.

Ficha técnica:
 
Extensión: 31.153 m2
Duración percorrido: 10 minutos
Topografía: pendente mínima
Horario: 24 horas
Especial Interese botánico
Boas vistas / miradoiro
Amplas zonas de céspede
Áreas de descanso con bancos
Itinerarios peatonís
Posibilidade de percorrelo en bicicleta
Accesibilidade para minusválidos
Fontes de auga potábel
Cursos de auga: río e regato
Parque de xogos infantil
Zonas deportivas
Iluminación nocturna
Proximidade de zonas de aparcamento.

Mais información

Localización
Corredoira do Espiño, 2, Santiago de Compostela, 15705


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.