estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 24ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Parque de Carlomagno (As Fontiñas)

Situado no barrio das Fontiñas, inclúe a zona de parque propiamente dita, sobre un outeiro, máis as zonas axardinadas que rodean os edificios. Destaca por ser unha das zonas verdes máis extensas da cidade, e pola súa boa panorámica. Este parque leva directamente ao parque de San Lázaro, no que se encontran varias arquitecturas contemporáneas de interese: o Palacio de Congresos e Exposicións, o estadio, grandes hoteis e varios edificios administrativos da Xunta de Galicia.

Ficha técnica:

Extensión: 156.403 m2
Duración percorrido: 30 minutos
Topografía: pendente pronunciada
Horario: 24 horas
Vistas / miradoiro
Amplas zonas de sombra
Amplas zonas de céspede
Áreas de descanso con bancos
Itinerarios peatonís
Fontes de auga potábel
Cursos de auga: pequena fervenza artificial
Parque de xogos infantil
Pistas/zonas deportivas
Iluminación nocturna
Proximidade de zonas de aparcamento

Mais información

Localización
Rúa da Canteira de Abaixo, 29-39, Santiago de Compostela, 15707


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Etiquetas: Con vistas Parques
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.