Ao pé do Auditorio de Galicia -de aí o seu nome- e nas beiras do pequeno regato Corgo, esténdese este tapiz verde de prado. O regueiro é o elemento que estrutura o parque, formando un gran estanque-espello no que se mira a arquitectura contemporánea do Auditorio. No parque destaca, pola súa altura e cor, a escultura surrealista do artista galego Eugenio Granell.
Desde aquí descóbrense vistas inesperadas da cidade antiga: traseiras dos conventos de San Francisco e San Martiño Pinario, as torres da catedral...
As exposicións de artes plásticas do Auditorio e a súa cafetaría sobre o lago con vistas privilexiadas son atractivos a maiores da visita a este parque.
Ficha técnica:
Extensión: 25.913 m2
Duración percorrido: 10 minutos
Topografía: pendente mínima
Horario: 24 horas
Vistas / miradoiro
Amplas zonas de sombra
Amplas zonas de céspede
Áreas de descanso con bancos
Itinerarios peatonís
Posibilidade de percorrelo en bicicleta
Accesibilidade para minusválidos
Fontes de auga potábel
Cursos de auga: regato e estanque con patos
Parque de xogos infantil
Iluminación nocturna
Proximidade de zonas de aparcamento