Non podemos pasar por alto a afamada Praza o Mercado de Abastos de Santiago, fundado hai máis de un século e integrado tamén na zona vella. É un grande mercado tradicional onde todas as esencias do país galego se ven reflectidas cunha posta en escea que sorprenderá pola súa autenticidade. Mariscos, carnes, peixes, queixos, mel, repostería, legumes, verduras, viños e licores son os manxares que nos ofrecen. É un mercado moi apreciado pola cidadanía e polos nosos visitantes, ate o extremo de chegar a o considerar un sitio de visita obrigada, como se de un recurso turístico máis se tratase.