estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 23ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Ensanche

Outra zona comercial claramente determinada na nosa cidade é o que se coñece como O Ensanche. É cara onde máis ten medrado a cidade unha vez que se estendeu fóra do seu casco histórico. Integrado nun urbanismo dos anos 60 e 70 do século pasado, está impregnado dun grande número de establecementos comerciais. É o Centro Comercial Aberto Santiago Centro.

As súas vías principais viran arredor do eixo Xeneral Pardiñas, Doutor Teixeiro, República de El Salvador, Montero Ríos, o bulevar Alfredo Brañas e as prazas Roxa e de Galicia. Outras rúas non menos importantes, como Rosalía de Castro, Fernando III o Santo, República Arxentina, A Rosa e Santiago de Chile, complementan unha oferta comercial moi atractiva. En todas elas o paseo é a mellor maneira de mercar.

Marcas internacionais, grandes franquicias españolas, moda galega, tendas de alimentación, de regalo, xoierías, boutiques, zapaterías, tendas de pel, marroquinería e un longo etcétera, complementadas con cafeterías, restaurantes e cinemas delimitan outra zona comercial na que visitantes e santiagueses realizarán as súas compras en harmonía.

Etiquetas: Shopping Valoracións: 1
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.