** Mercado de Salgueiriños
O tradicional Mercado de Salgueiriños experimentou unha notable transformación nos últimos anos. Reordenouse e valouse a explanada onde se sitúa para impedir que accedesen os vehículos. O espazo dispoñible permite acoller 255 postos. Os principais produtos á venda son roupa, téxtil do fogar e zapataría.
Recomendado: Moi preto está o Mercado de Gando, aberto todos os mércores.
Explanada de Salgueiriños
Xo: 10.00 - 14.00 h
Como chegar: Liña de bus urbano 1
** Mercado Nacional de Gando
Galicia é unha rexión tradicionalmente gandeira, o que explica que os seus mercados de gando sempre tivesen grande importancia na súa historia e tradicións.
Dedicado á compra e venda de gando de todas as especies, o de Santiago é o máis importante de Galicia e un dos máis importantes de España e de Europa, e ten o interese do seu carácter ancestral e rural, baseándose no comercio tradicional ou de trato directo. Ademais de gando alí comercialízanse produtos agrícolas, apeiros e útiles de labranza, incluíndo os tradicionais cestos.
Os días de mercado hai pulpeiras, tal como sempre foi tradición nas feiras de Galicia, e tamén un restaurante-cafetaría.
Recomendado: Moi preto está o Parque Empresarial Costa Vella, no que destacan os recintos comerciais Leroy Merlin e Decathlon, entre outros moitos.
Recinto Feiral de Amio (Amio, s/n. San Lázaro)
981 560 800
Me: 8.30 - 14.00 h (+ día da Ascensión e do Apóstolo)
** Mercado «Hippy»
Compostela conta cun Mercado «Hippy» no corazón da Cidade Histórica. Abre todo o ano e reúne unha quincena de postos. Aínda que non conta cun horario fixo, os comerciantes adoitan instalar os postos entre as dez da mañá e as oito da tarde, prologándose o horario no verán. Neste mercado pódense adquirir manufacturas de coiro, bixutaría artesá, complementos, etc. Moitos destes artigos son feitos a man polos propios vendedores.
Rúa Nova
Lu-Do: 10.00 - 20.00 h.
** Mercado de Antigüidades
A cidade histórica acolle cada xoves e sábado un Mercado de antigüidades nos soportais do antigo edificio de Correos, na esquina de Travesa de Fonseca coa Rúa do Franco.
Rúa do Franco (soportais do edificio de Correos)
Xoves e Sábados: 9.30 – 14.30 h.
** Mercado Agroecolóxico local 'Entre Lusco e Fusco'
Mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade coordinado por Andaime, en colaboración coa cooperativa Eirado e os colectivos de produtores A Hortiña e Lentura.
Parque de Belvís - Rúa das Trompas
Ma: 17.00 - 21.00 h. (18.00-22.00 h en verán)
** Mercado artesán
Feira artesanal onde hai lugar para a música, a artesanía, a gastronomía e mesmo a moda.
Praza de Cervantes
Todos os días (de xuño a finais de setembro) de 9.00 a 21.00 h.