É importante ter en conta unha serie de particularidades á hora de facer compras. Por exemplo, as épocas de rebaixas divídense en dous grandes momentos do año. Do 7 de xaneiro ao 28 de febreiro e do 1 de xullo ao 30 de agosto. Lembre que non por estar de rebaixas a calidade dos produtos ten que ser menor e que tanto o prezo real como o rebaixado deben de estar debidamente especificados na etiqueta do artigo.
Practicamente todos os establecementos permiten o pago electrónico con tarxetas de crédito. Red 6000, Servired, Maestro, 4B e Visa son as tarxetas comunmente aceptadas por todos os negocios aínda que, para maior seguridade, recomendamos preguntar antes de realizar as compras. Ben é certo que en cada zona comercial existe unha rede de caixeiros automáticos ao seu dispor.
Na maioría dos prezos está incluído o imposto IVA, que dependendo do artigo que sexa, oscila entre un 16 ou un 7 por cento. Lembre que as persoas que pertencen a países que non son membros da Unión Europea están exentas de este imposto nos establecementos co distintivo 'Tax Free'.
A única moeda autorizada para realizar as compras é o euro. Pódese trocar moeda dos principales países na rede de bancos e nas oficinas de cambio de divisas da cidade. Consulte se levan comisión e fíxese no tipo de cambio.
Por último, lembrámoslles que, si tivesen algún problema coas súas compras, existe unha asociación de consumidores na que se poden tramitar as queixas que estime oportunas. Os formularios pódense encher nas oficinas de turismo da cidade, que se encargan de facelas chegar ao organismo competente. Lembre que é polo ben de todos.