Unha desas zonas comerciais posúe un grande número de tendas e ten a particularidade de que está integrada nun casco histórico Patrimonio da Humanidade. É o Centro Comercial Aberto Compostela Monumental. Unha grande área comercial que, a diferencia das grandes superficies tradicionais, ofrece tendas distribuidas polo casco histórico compostelán.
Paseando pola zona monumental poderemos atopar practicamente o mesmo que nun centro comercial convencional, distribuido en pequenas tendas onde o trato con encanto familiar non desmerece a calidade do produto. Unidos todos os comercios, atoparán os mesmos servizos que nas grandes superficies -descontos en aparcadoiros, envío de compras a domicilio, señalización unificada, etc.-, servizos que ofertan todos os socios de este centro comercial aberto.
Tendas etnográficas, de regalos, de recordos, de moda galega, xoierías, boutiques, grandes marcas, comercio tradicional, librarías, tendas gastronómicas, supermercados e zapaterías son unha mostra do seu potencial. Sumado a todo isto, encontrará teatros, cafeterías, restaurantes, salas de exposicións e galerías de arte que se distribúen polas prazas e arterias principais do casco histórico: rúas Nova, Vilar, San Pedro, Caldeirería, Preguntoiro, e las prazas Toral e Cervantes, xunto coas que rodean a catedral, son os eixos principais.