estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 20ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Centro Sociocultural de Conxo

 

Arquitecto: Alfonso Penela.
Data: 1989-2002.
Zona: coroa exterior.

O Centro Sociocultural deseñado por Alfonso Penela, un arquitecto caracterizado pola solvencia coa que manexa solucións formais experimentais, sitúase fronte á impoñente fachada barroca do Convento de Conxo, hoxe hospital psiquiátrico. O obrigado diálogo entre o edificio histórico e o pequeno equipamento sociocultural abordouse con ousadía, ao tratar a nova construción como un elemento abstracto, complexo e fragmentado.

O conxunto componse do centro cultural e dunha gardaría que se construíu máis tarde. O conxunto queda definido por unha serie de panos de peche, de pedra na súa planta baixa e de cristal na superior, que se pregan e xiran sen lei aparente, quedando cubertos por unha serie de planos inclinados, independentes e solapados, cuxa superficie excede á do recinto pechado de forma que, apoiados nuns finos soportes de tubo de aceiro pintados de branco, xeran un pórtico cheo de movemento que vai ocultando e revelando, no percorrido ao seu través, a presenza do grande edificio conventual. A complexa cuberta é concibida como un paraugas que parece flotar, independente do volume, fragmentado e cheo de movemento, das dependencias que acubilla.

O contraste de continuos termos contrarios (pesado-lixeiro, uniforme fragmentado, escuro-claro, plano-pregado) é o que permite que o resultado de enfrontar unha forma intencionalmente contemporánea a un nobre conxunto monumental resulte tan feliz e tamén tan interesante.

Galería de imaxes

Centro Sociocultural de Conxo Centro Sociocultural de Conxo Centro Sociocultural de Conxo Centro Sociocultural de Conxo

Mais información

Localización
Plaza de Aurelio Aguirre, Santiago de Compostela, 15706
Observacións

O edificio está aberto ao público, salvo algunhas dependencias que, pola actividade que se desenvolve nellas, non é posíbel visitalas.



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.