Arquitecto: John Hejduk, Antonio Sanmartín, Elena Cánovas, Leonardo Rietti.
Data: 1993-2002
Zona: Cidade Histórica
John Hejduk é un dos autores imprescindíbeis na historia da arquitectura da segunda metade do século XX. A través da súa labor docente de arquitectura e deseño na Cooper Union de Nova Iork e da publicación dos seus textos teóricos, este arquitecto exerceu unha grande influencia dende os anos sesenta.
Entre as escasas pezas construídas por John Hejduk, Santiago conta con un pequeo centro sociocultural obra de este autor. A obra, desenvolvida en colaboración co equipo de arquitectos formado por Antonio Sanmartín, Elena Cánovas e Leonardo Rietti, concluíuse tras a morte do arquitecto neoiorkino, falecido no verán do ano 2000. Esta é, polo tanto, a obra póstuma de John Hejduk.
O edificio adapta educadamente o seu volume ao tecido existente, completando unha aguda esquina. As súas fachadas, aplacadas en pedra, presentan uns expresivos balcóns con groso tubo de aceiro, cara a rúa, e unhas violentas setas de aceiro, de sección cadrada, cravadas no plano de peche, cara o recinto do convento de Belvís. Na esquina ábrense, nos catro andares do edificio, uns buracos horizontais, cuxos vidros continúan a pechada curva coa que se resolve a esquina.
O teito da pranta baixa está executado cunha lousa de formigón totalmente calada con características formas da imaxinaría de Hejduk. A Voda Española é o título do baixorelevo que completa e incrementa o valor da fermosa obra de Hejduk no barrio compostelán de A Trisca.
Este edificio, coas torres de pedra e cristal erguidas na Cidade da Cultura, e inicialmente proxectadas para o parque de Belvís, fan de Santiago unha das privilexiadas cidades que contan con algunha das obras construídas de John Hejduk.
Visitas suxeitas aos horarios do centro.