Santiago é unha cidade que invita ao paseo... Postos a pasear, mellor facelo rodeados de vexetación e aire puro polos parques que rodean a cidade antiga, que ademais agochan conventos, mosteiros e monumentos e algunhas das máis sobranceiras arquitecturas contemporáneas da cidade e descobren, ademais, sorprendentes panorámicas e perspectivas da antiga Compostela...
Esta ruta, que completa a anterior, empeza onde aquela rematou, no parque da Alameda.