estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 26ºC e prevese parcialmente nubrado en Santiago de Compostela

Ruta Domus Dei: conventos de clausura

Ruta conventos de clausura.
Un percorrido polos lugares da contemplación e do silencio.

Santiago de Compostela conta cunha inxente riqueza monumental, na que sobresae o patrimonio relixioso, e moi especialmente os conventos e mosteiros de clausura. Envoltos nun halo de misterio, que se agocha tras os seus altos muros, reixas e celosías, neles o tempo parece terse detido. Son lugares de silencio, de serenidade, de vida austera e contemplativa, de entrega a Deus. Propoñémosche un itinerario polos conventos de clausura de Santiago de Compostela, para que descubras a súa historia e patrimonio e te deixes contaxiar pola súa atmosfera de meditación e de paz. E tamén, como non, para que probes a exquisita repostería que elaboran as monxas.


Canto che gustou esta entrada?
  • 1,44444444444
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.