estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 21ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Museo de Historia Natural

O Museo de Historia Natural 'Luís Iglesias' é un valioso conxunto de patrimonio histórico científico e o único Museo de Historia Natural propiamente dito existente en Galicia. Consta de tres salas onde pode observarse un gran número de coleccións -que suman un total de 25.000 exemplares- de fauna, flora e xea procedentes non só de Galicia, senon de todas partes do planeta.

Como centro continuador do Gabinete de Historia Natural creado na Universidade de Santiago durante o curso 1840-41, o Museo conserva nas súas instalacións moitas coleccións do século dezanove, verdadeiras xoias patrimoniais que convirten a este centro nun tesouro científico. Todo este patrimonio fai que este centro sexa un 'escaparate do mundo natural', en xeral, e da ciencia galega, en particular. A través das súas coleccións pódese realizar un completo percorrido pola labor dos máis sobranceiros científicos galegos como Víctor López Seoane, Isidro Parga Pondal, José Rodríguez,', así como pola investigación actual realizada en distintos departamentos da Universidade de Santiago.

Galería de imaxes

Museo de Historia Natural

Mais información

Localización
Avenida das Ciencias, Santiago de Compostela, 15782
Teléfono
981 593 589 - 981 563 100 ext 14202
E-mail
museohn@usc.es
Fax
-
Prezo
De balde.
Horario
Grupo (previa cita por teléfono): Lunes-Venres: 9:00-14:00, 16:00-19:00. Particulares: Luns-Venres: 10:00-13:00, 17:00-19:00. Xullo: 9:00-13:00
Tempada
Todo o ano excepto agosto.
Web
http://www.usc.es/museohn


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
  • 3,33333333333
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.