Este museo recrea o ambiente estudiantil da afamada pensión rexentada por dona Generosa en Santiago de Compostela a finais do século XIX, e inmortalizada polo escritor Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya.
É unha típica construcción do casco antigo da cidade, edificada a mediados do século XVIII e decorada ao gusto daquela época. Consta de tres plantas e dun pequeno ático que remata a casa. A entrada está formada por un vestíbulo ou zona de paso e desde este lugar a casa divídese en dúas zonas ben diferenciadas: a vivenda propiamente dita e as cuadras dos cabalos.
Entrando na pensión podemos ver a sala de respecto, con lembranzas do escritor, e o comedor, onde están expostas fotografías e obxectos relacionados cos personaxes do libro. No segundo piso, os dormitorios, tanto do colectivo como do individual. E no ático, a cociña e un pequeno cuarto anexo, pertencente á patroa.