estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 21ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Pazo de Bendaña

Mediados s. XVIII. Barroco.

Pazo urbano obra de Clemente Fernández Sarela e mandado construír polos marqueses de Bendaña. Foi rematado en 1759. Destaca polos artísticos balcóns con enreixados do barroco compostelán e pola estatua dun Atlas ou Hércules sostendo o globo do mundo que coroa a fachada sobre o escudo dos marqueses. Son tamén peculiares a robusta cheminea e a espaciosa escaleira central. No século XIX os orixinais biolos do corpo inferior convertéronse en portas, cambiando o aspecto da fachada. Na actualidade alberga a Fundación e o Museo Eugenio Granell dedicado a actividades culturais e exposicións.

Galería de imaxes

Pazo de Bendaña Pazo de Bendaña

Mais información

Localización
Praza do Toural, s/n
Uso actual

Fundación e Museo Eugenio Granell. Web: www.fundacion-granell.org.

Teléfono
981 572 124
Observacións

VISITABLE. Horario museo: 11:00-14:00., 16:00-21:00; domingo, 11:00-14:00. (luns pechado).



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.