Localizado na igrexa románica de Santa María do Sar, podemos ver neste pequeno museo, fundado en 1975, pezas de valor histórico e documental moi importantes como o pergamiño fundacional do templo, datado en 1136 e selado polo arcebispo Diego Xelmírez. Dentro do apartado que dedica á ourivería pódense ver obxectos litúrxicos realizados en obradoiros composteláns durante o século XVIII. A sección arqueolóxica está formada por unha serie de pezas do antigo claustro románico, obra do Mestro Mateo ou da súa escola.