estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 21ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Museo da Catedral

O Tesouro e Arquivo da basílica xacobea comeza co "descubrimento" da tumba do Apóstolo, en Arcis Marmóricis, na vella Asseconia, actual Compostela, herdeira da sede episcopal de Iria Flavia. Á secular riqueza cultural, artística e documental, únense os resultados das escavacións realizadas a finais do século XIX e durante o século XX, abranguendo do século I ao XI do Locus Sancti Iacobi: o afamado lugar onde está enterrado Santiago o Maior, discípulo predilecto de Cristo, xunto ao seu irmán Xoán, apóstolo e evanxelista.    O Museo foi fundado en 1930 e nel recóllense as pegadas da extraordinaria historia do santuario que custodia o sepulcro do Apóstolo. É tamén memoria da p eregrinación, cunha grata secuencia das pezas no Tesouro.
Na actualidade, no percorrido do Museo inclúense tres zoas con acceso independente, todas elas situadas en distintas dependencias da Catedral compostelá, o que permite un coñecemento completo da historia e da importancia artística dun centro de culto e cultural fundamental para a humanidade.

Cripta do Pórtico da Gloria
Sita baixo as escalinatas da fachada do Obradoiro, foi construída polo Mestre Mateo baixo un completo programa iconográfico que se desenvolve no Pórtico, salvando así o importante desnivel da Catedral coa praza do Obradoiro, do que dan cumprida referencia polos paneis existentes. Así mesmo, expóñense obras escultóricas e da reconstrucción dos instrumentos do Pórtico da Gloria.

Espacio Sacro da Capela das Reliquias-Panteón Real e Tesouro
Nun lateral da Catedral compostelá atópanse o espacio que recentemente se comunicou co claustro durante a reapertura da coñecida como Porta de Fonseca. Na Capela das Reliquias-Panteón Real atópanse os sepulcros dos Reis de Galicia e dos seus familiares, así como o Retablo das Reliquias, con importantes pezas da ourivería.
No Tesouro atópanse coleccións de ourivería, elementos litúrxicos, marfil, cristal, etc.; merecendo ser destacada a Custodia Procesional, obra de Antonio de Arfe.

Espacios do claustro
Ocupan catro plantas do lenzo occidental do claustro catredalicio, con acceso polo lateral da fachada do Obradoiro. 

Realízase un completo percorrido pola historia e os testemuños artísticos da Catedral, desde as primeiras basílicas e restos arqueolóxicos, o Románico, a obra do Mestre Mateo, coa reconstrucción do Coro Pétreo da Catedral, a escultura da Catedral entre os séculos XIII e XVIII, pasando polo claustro manierista, a biblioteca, onde se expoñen o botafumeiro e a sala capitular, e rematando na planta superior coa gran colección de tapices que inclúe unha sala dedicada a Goya e a impresionante balconada que domina a praza do Obradoiro e as rúas do Santiago histórico.

Galería de imaxes

21 Museo da Catedral

Mais información

Localización
Santiago de Compostela
Teléfono
981 569 327
E-mail
museocatedral@archicompostela.org
Fax
981 563 366
Prezo

Entrada: Menores de 12 anos: Entrada gratuita. Maiores de 18 anos: 5€. Estudiantes: 3€. Xubilados: 3€. Peregrinos: 3€. Grupos: 3€. Grupos de centros educativos con alumnos menores de 18 anos 1€.

Horario

Outubro-Maio: 10:00-13:30, 16:00-18:30. Xuño-Setembro: 10:00-14:00, 16:00-20:00. Domingos tarde: pechado

Tempada

Pechado. 25 Dec, 01 Xan, 06 Xan, 25 Xull e 15 Ago



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.