estado do tempo
Hoxe é mércores 23 de maio, temos 21ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Pazo de Raxoi

S. XVIII.

Pechando a Praza do Obradoiro e situado fronte á fachada oeste da Catedral, érguese este pazo, mandado construír polo arcebispo Raxoi en 1766 para residencia dos nenos do coro e seminario. As obras foron executadas polo enxeñeiro francés Charles Lemaur. A longa fachada aberta cun elegante soportal, dota ao edificio dunha marcada horizontalidade. No centro da fachada pode verse un frontón con un relevo en mármore, no que se representa a batalla de Clavijo, obra de Gambino e Ferreiro, coroado pola estatua ecuestre de Santiago. No interior destaca a escaleira rococó deseñada tamén por Lemaur. Na actualidade é sede do Concello compostelán, do Consello da Cultura Galega e dalgunhas dependencias do Goberno da Xunta de Galicia.

Galería de imaxes

Pazo de Raxoi		Pazo de Raxoi Pazo de Raxoi Pazo de Raxoi

Mais información

Localización
Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, 15705
Uso actual

Sede da Casa do Concello, do Consello da Cultura Galega e dalgunhas dependencias do goberno da Xunta de Galicia, incluído o despacho do Presidente de Galicia.

Teléfono
981 54 23 00
Observacións

NON VISITABLE (uso administrativo).



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Etiquetas: Cidade histórica Neoclásico Pazo Valoracións: 2
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.