Turismo de Santiago promocionará a cidade na World Travel Market, que se celebra en Londres entre o 8 e o 11 de novembro. A World Travel Market ofrece a oportunidade de que toda a industria do turismo poda reunirse, establecer contactos e coñecer as últimas tendencias do turismo mundial.
Turismo de Santiago, que terá un mostrador propio no stand de Turespaña, ten xa concertados múltiples encontros con touroperadores e diferentes entidades para promocionar a cidade coma un destino internacional de calidade cun amplo abano de atractivos, interesantes para diferentes segmentos, como o turismo cultural, gastronómico, de natureza, escapadas, congresos e incentivos...
Tamén estes días Turismo de Santiago está promocionando a cidade, neste caso como destino gastronómico, en Hostelco, un Salón de referencia para o sector, que se celebra en Barcelona do 5 ao 9 de novembro, e que segundo os cálculos da organización, contará coa participación de 80.000 profesionais.
Santiago está presente neste evento profesional dentro do grupo Saborea España, da que forma parte como membro da Asociación Española de Destinos Gastronómicos, xunto con Cambrils, Xixón, Lanzarote, Lleida, San Sebastián e Valladolid.