Google+ print cuaderno de viaje

Turismo de Santiago promociona a cidade en Polonia

Content not available in English. Sorry for the inconvenience

A empresa municipal de promoción turística participará o 2 de marzo no evento Outgoing Poland, en Varsovia.

Outgoing Poland ten un formato que une características de feira e de workshop dunha xornada, no que so se admiten 25 destinos por evento. Turismo de Santiago contará cun mostrador para atender as citas prefixadas cos profesionais polacos. En outubro deste mesmo ano repetirase o evento nas cidades de Cracovia e Wroclaw, onde Turismo de Santiago ten previsto asistir.

Turismo de Santiago amosará a cidade aos turoperadpres `polacos como o destino do Camiño de Santiago e relixioso, pero tamén como unha destino cultural, gastronómico, patrimonial e de natureza.

Polonia é un dos países con maior crecemento no número de peregrinos nos últimos dez anos. No Ano Santo 2004 houbo 357 peregrinos polacos. No ano 2014 o número de peregrinos polacos foi de 2.957, alcanzando o seu máximo histórico. Nunha década, o crecemento foi do 828%, un dato que indica as posibilidades do mercado polaco para a cidade.