O segundo lugar máis visitado da cidade despois da Catedral, o Mercado de Abastos é un lugar para comprar e para admirar.
MERCADO DE ABASTOS Rúa das Ameas, s/nT: 981 583 438www.mercadodeabastosdesantiago.com HORARIO: Aberto de luns a sábados, de 7.00 a 15.00 h. A hora de máis actividade é entre as 11 e as 12 h., e os mellores días xoves e sábados.
Ademais de admirar a súa arquitectura e percorrer os postos de moluscos, peixes, carnes, queixos e verduras acabados de saír do mar e da horta, o visitante pode:
Por unha pequena porcentaxe do prezo da compra, en Churro Manía, o bar do Mercado, cocíñanche ao momento os produtos adquiridos no Mercado, para saborear toda a súa frescura in situ.
CHURRO MANÍA Mercado de Abastos - Nave 5 T: 981 804 335 / 6No mini-restaurante “chic” situado nas casetas da parte exterior do Mercado, practican a “cociña sen neveira”: cada día escollen os mellores manxares frescos dispoñibles no Mercado para deseñar un menú composto de deliciosos mini-pratos. O menú (tamén se pode pedir un só mini-prato) varía cada xornada en función dos produtos presentes ese día no Mercado.
ABASTOS 2.0 Mercado de Abastos – Casetas 13-18 T: 981 576 145 | 645 053 470 www.abastosdouspuntocero.es abastosdouspuntocero@gmail.comO Mercado de Abastos conta con innovadores servizos e comodidades que fan del todo un exemplo de boas prácticas na integración de la modernidade nun mercado do máis tradicional:
• Máquina distribuidora de leite fresquísimo do día: as botellas podes traelas da casa, ou compralas na propia máquina.
• Pedidos on-line e pedidos telefónicos.
• Shopper: aos clientes que queiran comprar a distancia pero no se decanten por ningún establecemento, mércalles o shopper seguindo as súas preferencias.
• Servizo a domicilio.
• Consigna, máquina de envasado ao baleiro.