Free cookie consent management tool by TermsFeed
print cuaderno de viaje

Máis de 5.500 petiscos consumíronse nos primeiros días do Santiago(é)tapas

31/10/2012

Content not available in English. Sorry for the inconvenience

O concurso Santiago(é)Tapas 2012 marcha a bo ritmo, como se pode observar no aspecto nos 72 establecementos participantes que ofrecen as súas creacións a un prezo de 2 euros.

A quinta edición do certame comezou o pasado venres e, dende entón, consumíronse máis de 5.500 petiscos.

Hoxe é véspera de festivo, que algúns visitantes aproveitarán para realizar unha escapada a Compostela, co que se prevén novas xornadas cunha gran afluencia de amantes da gastronomía en miniatura. 

Precisamente, e pensando nos que veñen, 33 establecementos de hospedaxe da cidade de 5, 4, 3, 2 e 1 estrelas ofertan dende mañá e ata o 11 de novembro un paquete especial. 

Este incentivo ofrece dous días de estancia en habitación dobre, almorzo, visita guiada á zona monumental, viaxe en tren turístico, un paraugas promocional, entrada á exposición “Gallaecia Petrea” na Cidade da Cultura e vales para a degustación de tapas no concurso, todo a prezos estandarizados.

E, xa pola noite, chega a oportunidade de probar o Santiago(é)Noite. 17 locais da hostalería nocturna compostelá toman parte desta actividade, mantendo os seus horarios habituais. Os cócteles de Santiago(é)Noite teñen un prezo de 3,50 euros para quen presente o seu tapasporte.

No kiosko da Praza de Galicia, na oficina de Santiago Turismo e nos distintos establecementos participantes pódense conseguir, de balde, os tapasportes, os documentos que acreditan a visita aos diversos establecementos das cinco (é)tapas.

O posto na Praza de Galicia funciona en horario de mañá de 12:00 a 14:00 e de serán de 17:00 a 21:00 nela tamén se entregan os premios directos ao público que completa as (é)tapas.  

Tamén é posible informarse nas redes sociais e no portal web www.santiagoetapas.com.

Os participantes

Os 72 establecementos participantes forman un total de 5 é(tapas):

Praza do Obradoiro: Mercedes Morigosa, AC Palacio del Carmen, Acio, Enxebre-Hostal dos Reis Católicos, Ángel, O Celme do Caracol, A Casa do Medio, Los Caracoles, Central, San Jaime, Rúa Villar, Cre-Cotte, Kuntshalle, A Curtidoría e Xuntanza.

Praza de Cervantes: O Piorno, Abastos 2.0, Pazo de Altamira, Casa Pepe, Tafona, Paso del Noroeste, O Curro da Parra, La Flor, Bicoca, Texturas Galegas, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Hervor & Fervor, Broa e O Elefante

Praza de Galicia: Antollos, M* Café e Copas, Venecia, Descorche, La Cantina de A Curtidoría, La Codorniz, Caney, Calderón, Pecaditos, Negreira “O Patata”, El Pasaje, Porta Faxeira, O’ 42 e O Boteco.

Praza Roxa: O Ferro, La Bodeguilla de Santa Marta, Artesana, Manso, Castelao, J de Joker, Leal, La Cavita, A viña de Xabi, Galopín, Vivacce, Rincón de Gurpegui, Libeliña, Señor con Bigote e Tryp Santiago.

Camiño Francés: Husa Santiago Apóstol, Puerta del Camino, Bodeguilla de San Lázaro, Mesón de Lázaro, Casa da Viña, A Grella, El Olivo, Casa Tato, A Moa, O Afiador, La Barrika, Casal do Cabildo,O Catro.

Hai cinco premios en xogo para eles. O xurado outorgará tres distincións. O Primeiro premio á mellor tapa do Santiago(é)Tapas conta con 2.000 euros; o Segundo, con 1.200 euros; e o Terceiro galardón é de 1.000 euros.

Ademais, o público tamén asignará dous premios. O creador da mellor tapa para o público recibirá 800 euros; e o establecemento que acade a maior excelencia para os seus visitantes acadará 500 euros.

No Santiago(é)Noite están: Armería, Atántico, Bolengo, Casa das Crechas, D3, Deluxe, Fonte Sequelo, Garoa, Kapital, La Cava de Saint James, La Flor, Makumba, Meia, O Boneco, Retablo, Shangó e Sónar.

O Santiago(é)Tapas 2012 está organizado por Hostelería Compostela e conta co patrocinio de Cash Récord, división de autoservicios maioristas de Vegalsa-Eroski; e Estrella Galicia. Turismo de Santiago e a Deputación da Coruña son colaboradores institucionais. 

Os produtos  recomendados son Rioja Valserrano, Ribeiro Gran Reboreda, Mencía Alma de tinto, Xenebra Nordés  e Aceites Abril. O concurso conta coa colaboración do Mercado de Abastos de Santiago, Coca Cola, Lidl, Banco Etcheverría, Paradores, Pousadas de Compostela, Utimaq, Equip ‘ Hotel, Frutas Merca Lozano e o grupo Santiago é Noite.

Ademais, 28 empresas colaboran con produto enogastronómico, ceas degustación para 2 persoas e aloxamentos en réxime almorzo.