Free cookie consent management tool by TermsFeed
imprimir caderno de viaxe

Por que é especial a Catedral de Santiago?

Entre as catedrais do mundo, a de Santiago ten o honor de gardar as reliquias dun dos 12 apóstolos de Cristo, chamado Santiago o Maior. Por iso a Catedral é a meta do Camiño de Santiago. Desde hai máis de mil anos, millóns de peregrinos de todo o mundo percorren centos e ás veces milleiros de quilómetros ata alcanzar esta Catedral.

Outro detalle moi especial da Catedral é que celebra o Ano Santo. Cando? Cada vez que o Día do Apóstolo, 25 de xullo, cae en domingo. Neses anos a Porta Santa ábrese para os que queiran alcanzar o perdón das penitencias dos seus pecados. É un gran privilexio que só se repite cada 6, cada 5, cada 6 e cada 11 anos. 2010 foi un Ano Santo… e o vindeiro será 2021+2022. Santiago é por isto unha Cidade Santa, como Roma e Xerusalén.

Hoxe moitos peregrinos veñen pola súa fe, outros para meditar sobre a súa vida e outros para admirar a beleza das paisaxes do Camiño de Santiago… e a beleza da Catedral.

Galería de imaxes

Por que é especial a Catedral de Santiago?
Por que é especial a Catedral de Santiago?