Free cookie consent management tool by TermsFeed
Servizos básicos

Servizos básicos

Boqueixón

BOQUEIXÓN é un municipio da provincia da Coruña, situado ao sudoeste desta e límite xeográfico coa provincia de Pontevedra. Está constituído por unha sucesión de vales e montes que descenden cara ao río Ulla. Cunha extensión de 70 km2, está conformado por 14 parroquias e ten unha poboación de 4.443 habitantes (Padrón 2013).

Situado a 10 km. escasos de Santiago de Compostela, a N-525 Santiago-Ourense confírelle grande accesibilidade e facilita a súa proximidade, espacial e económica, coa capital de Galicia. A C-260 é a principal arteria de comunicación interior. Autobuses diarios da compañía Autocares Mosquera unen O Forte, o núcleo principal, e outras aldeas de Boqueixón, con Santiago, mentres que a compañía Monbus dá servizo diario dende Santiago a Lestedo, a principal poboación ao bordo da N-525.

O municipio ten a estrutura poboacional característica dunha área rural. Destaca a poboación ocupada no sector servizos así como na agricultura/gandaría. Os empresarios locais máis representativos son os do sector manufectureiro e o comercio minorista.

 

DESTACADOS

 Pico Sacro
Pico Sacro é unha das montañas visitables máis míticas e coñecidas de Galicia. Venerada polos habitantes da bisbarra, cumpre un papel esencial na tradición do traslado do corpo do Apóstolo Santiago e marca para os peregrinos o último tramo da Vía da Prata antes de chegar a Santiago.

Festa da Filloa de Lestedo
Festa da Filloa de Lestedo foi declarada de Interese Turístico de Galicia en 2008 e con máis de 30 edicións, é unha das exaltacións gastronómicas máis destacadas da bisbarra. Céntrase nun produto exclusivamente galego, a filloa, pero ademais da súa importancia gastronómica é unha festa cargada de tradición.

Xenerais da Ulla
O Entroido dos Xenerais da Ulla foi declarado Festa de Interese Turístico de Galicia en 2013, celébrase nas parroquias de Sergude e Lestedo. Trátase dun carnaval único, no que se escenifica un combate verbal entre os Xenerais mediante coplas rimadas. As súas orixes remóntanse á Guerra de Independencia, a principios do s. XIX.

 

+ infowww.boqueixon.com
Oficina de Turismo: Forte, s/n (Concello de Boqueixón)
Horario: aberta de 09:00 a 14:30 h.
emprego@boqueixon.com
Tel: 981 513 061

Servizos básicos coa categoría Boqueixón