estado do tempo
Hoxe é thursday 18 de december, temos ºC e prevese en Santiago
  • galego
  • español
  • english

Eucalyptus globulus

Eucalyptus globulus Labill.

Familia: Mirtáceas

Xustificación do nome:
O nome do xénero é de orixe grega; literalmente significa ben cuberto, en alusión á tapadeira leñosa que forman os pétalos sobre o botón floral, que se desprende ao abrirse a flor para deixar os estames ao aire.
O calificativo da especie fai referencia ao conxunto globoso da flor. Segundo outras interpretacións está motivado pola semellanza das tapadeiras florais con certos botóns chamados globulus pola súa forma. Estes estaban de moda en Francia cando Labillardière descubríu a especie, a finais do século XVIII.

Nome común: Calitro, eucalito, alcolito
Caracterización: Árbore
Folla: Perenne Plana Simple

Orixe e distribución:
Procede do punto oposto a nós no globo: as antípodas; concretamente no sueste de Tasmania e illas próximas e máis o estado de Victoria, no sueste de Australia. A introdución en Europa data de mediados do século XIX e dise que veu dende aquelas terras a Galicia da man do bieito Frai Rosendo Salvado, nacido en Tui (Pontevedra) e misioneiro na outra parte do mundo. Hoxe é unha especie que se reproduce con facilidade de maneira espontánea en moitas provincias de España, incluidas as da Galicia costeira, por debaixo dos 400-500 m.

Localización no xardín:
Os tres exemplares que existen son sobresaíntes. Na Alameda atópase o chamado “Eucalipto dos Namorados”, situado na praciña do Paseo dos Leóns, fronte á catedral. Os outros dous atópanse a un lado do monumento a Rosalía de Castro, na Ferradura.
O “Eucalipto dos Namorados” ten unha placa cunha lenda: “Asociación de antigos / alumnos e amigos da Universidade / de Santiago / a / cidade de Compostela / 18 de xullo de 1998”.

Localización

Valoracións: 2
Canto che gustou esta entrada?
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en: