estado do tempo
Hoxe é friday 19 de december, temos ºC e prevese en Santiago
  • galego
  • español
  • english

Buxo, Mirto

Buxus sempervirens L.

Familia: Buxáceas

Xustificación do nome:
Buxus é nome de orixe grega, con referencia aos seus froitos, parecidos a minúsculos botes, logo latinizado e empregado por Plinio ao falar destas plantas.
O cualificativo desta especie significa sempreverde e alude a que as follas son persistentes e caen sen amarelar.

Nome común: Buxo, mirto (por erro)
Caracterización: Matogueira
Folla: Perenne Plana Simple

Orixe e distribución:
Especie de ampla distribución: Centro e Sur de Europa, Norte de África e sueste de Asia. En España é común na parte norte do País, con presenza esporádica, escapado do cultivo, en Lugo e Ourense.

Localización no xardín:
Os exemplares arbustivos de A Ferradura teñen as follas variegadas. A variedade nana emprégase nas sebes que conforman un arco interior do conxunto de xardíns, bordeando a carballeira de Santa Susana, arredor do monumento de Pedro Pais Lapido, etc.

Localización

Valoracións: 3
Canto che gustou esta entrada?
Canto che gustou esta entrada?
  • 2.3333333333333
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Compárteo en: