estado do tempo
Hoxe é friday 19 de december, temos ºC e prevese en Santiago
  • galego
  • español
  • english

Aucuba, Loureiro manchado

Aucuba japonica Thunb.

Familia: Cornáceas

Xustificación do nome:
O nome do xénero é a forma latinizada de aukubi, nome xaponés da especie.
Japonica alude á súa procedencia, Xapón.

Nome común: Aucuba, loureiro manchado (a forma variegada)
Caracterización: Matogueira
Folla: Perenne Plana Simple

Orixe e distribución:
Procede do sueste de China, Corea e sur de Xapón.
Emprégase moito como ornamental, multiplicada en numerosas variedades, particularmente a de follas variegadas.

Localización no xardín:
Hai dous exemplares sobresaíntes, macho e femia, xunto ao monumento á Leiteira, e outros tamén de certo porte na contorna do monumento a Pais Lapido. Como pequeno arbusto corre a liña de carballos de A Ferradura. Hai algúns exemplares entre as escalinatas da gardaría infantil e preto da fonte da Mona.

Localización

Valoracións: 1
Canto che gustou esta entrada?
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en: