a campaña carta do Conselleiro actividades inscripción
O programa
 

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo convida un ano máis a todos os veciños e veciñas de Santiago a redescubrir a súa cidade a través da renovación da campaña Vivir Compostela, que no ano 2007 permitiu a 3.400 cidadáns, entre particulares e grupos, achegarse a Santiago coa ollada dos que nos visitan.

Vivir Compostela é un programa de sensibilización co turismo que convida ás xentes de Santiago a participar deste fenómeno, tan importante para a economía e a vida cotiá da nosa cidade. Durante un mes a poboación de Santiago poderá gozar de balde dos mellores recursos da cidade. Se ainda che queda espazo na cámara de fotos, é o momento de aproveitalo.

Este ano Vivir Compostela incorpora novas actividades, moitas na fin de semana, que permiten descubrir recunchos sorprendentes que se agochan en Compostela. Podemos coñecer a ribeira do Sarela ou o patrimonio natural da Universidade, ver traballar nos seus obradoiros a artesáns e creadores composteláns, percorrer a Cidade da Cultura ou mirar Compostela dende as cubertas da Catedral.

Podemos achegarnos á historia das Peregrinacións no seu museo, somerxernos na exposición Galicia Dixital, chegar ate a fin do mundo na excursión a Fisterra e moito máis. Visitas guiadas e excursións deseñadas para os turistas, pero grazas ás que os composteláns e as compostelás poden coñecer mellor a súa cidade.

Este mes de outubro a Concellaría convoca de novo a todos os veciños e veciñas a Vivir Compostela e gozar da súa cidade.




 


Colaboracións:



Tendas-taller:
Joyería Malde, A Mouga, Joyería Ricardo, Media Lúa

Artistas:
Manoel Bonabal, María Meijide, Tita Fraga, Galería C5 Colección