a campaña carta do Conselleiro actividades inscripción
Actividades
VISITAS GUIADAS  
NOVA
VISITA GUIADA A TALLERES DE ARTISTAS

A visita brinda a oportunidade de coñecer e interactuar cos creadores composteláns nos seus propios talleres, participando activamente. Tres recoñecidos artistas acollen aos visitantes nos seus propios estudios para expoñer o proceso de creación das súas obras desde a súa xestación ata o produto acabado. Ao longo do percorrido, o guía proporciona explicacións históricas relacionando o traballo dos artistas cos distintos estilos artísticos presentes na cidade.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
10
persoas
Todos os
públicos
2 h. venres 17
venres 31
17.00 Oficina Turismo
de Santiago
(Rúa do Vilar)
16.55 h.
NOVA
VISITA GUIADA AOS OFICIOS TRADICIONAIS

Esta visita propón acercarse ao corazón e recunchos artísticos de Santiago para ver traballar en directo a algúns dos artesáns que comparten a mesma inquietude: recuperar os oficios e materiais tradicionais da cultura galega e santiaguesa. Entra nos seus espazos e descubre o encanto dos nosos artesáns e dos oficios ancestrais de Compostela: coiro, pasamanería tradicional, pratería e acibeche...
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
10
persoas
Maiores de
12 anos
2 h. venres 10
venres 24
17.00 Oficina Turismo de Santiago
(Rúa do Vilar)
16.55 h.
NOVA
VISITA GUIADA Á RIBEIRA DO SARELA(1)

Do río Sarela tiráronse multitude de beneficios e aproveitamentos dos que quedan diversas pegadas: muíños, pontes, curtidoiros... pero fóronselle virando as costas cando non se percibiu como útil. Hoxe está sendo recuperado para o gozar dos seus valores e da historia que se agocha nas súas marxes. A visita percorre a ribeira do Sarela, desde a Ponte Asén (no parque de Galeras) á Ponte Sarela (a carón da carballeira de San Lourenzo).
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
30
persoas
Todos os
públicos
1 h. 30 min. venres
e
domingo
11.30 Parque de Galeras
11.25 h.
(1) Condicións especiais: Imprescindíbel levar roupa axeitada e calzado cómodo e adecuado para o terreo, que pode estar húmido por tratarse da ribeira dun río.
Respectar a natureza.
NOVA
VISITA GUIADA AO PATRIMONIO NATURAL DA
UNIVERSIDADE

Inclúe Museo de Historia Natural "Luís Iglesias" e Xardíns do Campus Sur. Os museos dedicados á natureza son moi visuais e sempre sorprendentes: o museo de Historia Natural de Santiago reúne máis de 25.000 exemplares de fauna, flora e minerais. Os Xardíns do Campus Sur son un admirábel exemplo das tendencias na xardinaría urbana do s. XX e acollen unha gran diversidade de árbores e plantas ornamentais, tanto exóticas como propias de Galiza.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
20
persoas
Todos os
públicos
1 h. 30 min. venres 18.30 Entrada Museo Hª Nª Luís Iglesias-Campus Sur
17.25 h.
20
persoas
Todos os
públicos
1 h. 30 min. sábado 12.00 Entrada Museo Hª Nª Luís Iglesias-Campus Sur
11.55 h.
CIDADE HISTÓRICA
Propoñemos un percorrido guiado polo patrimonio histórico monumental de Santiago de Compostela, incluíndo o obrigado paseo polo entorno catedralicio e os principais monumentos e prazas.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Maiores de
8 anos
2 h. xoves
a
domingo
16.30 Oficina Turismo de Santiago
(Rúa do Vilar)
16.25 h.
CONVENTOS DE CLAUSURA (2)
Santiago conta cun inxente patrimonio, entre o que destacan os conventos de clausura: lugares de oración, de vida austera e de paz, rodeados do misterio que se esconde tras dos seus altos muros e celosías. Visitaranse unicamente os espazos públicos (igrexa, tornos, ...), respectando en todo o momento a clausura.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Maiores de
16 anos
2 h. 30 min. sábado 10.30 Oficina Turismo de Santiago
(Rúa do Vilar)
10.25 h.
(2) Condicións especiais: Calquera persoa en condicións físicas normais pode realizar esta visita, aínda que é necesario camiñar con soltura debido a súa duración e ao feito de que hai pendentes pronunciadas no percorrido. En caso de mal tempo, é recomendábel o paraugas e sempre CALZADO CÓMODO.
VISITA GUIADA ÁS IGREXAS
Santiago conta cun total de 30 igrexas históricas. O número e importancia testemuñan o protagonismo de Santiago de Compostela como un dos principais destinos de Europa desde a Idade Media ata a actualidade. O percorrido abarcará Santa María Salomé, Igrexa da Compañía, San Fiz de Solovio, Santa María do Camiño, San Domingos de Bonaval (interior), Igrexa das Ánimas e San Martiño Pinario (interior).
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Maiores de
16 anos
2 h. mércores
e
domingo
11.00 Oficina Turismo de Santiago
(Rúa do Vilar)
10.55 h.
ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA (2)
Siza, Eisenman, Kleihues, Hejduk, Portela, Nouvel... algúns dos mellores arquitectos do mundo teñen obras en Santiago de Compostela.
Con esta visita guiada aprenderase a apreciar e gozar das novas tendencias da arquitectura contemporánea a través das obras de autores de fama internacional.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Maiores de
16 anos
2 h. 30 min. domingo 11.00 CGAC
10.55 h.
(2) Condicións especiais: Calquera persoa en condicións físicas normais pode realizar esta visita, aínda que é necesario camiñar con soltura debido a súa duración e ao feito de que hai pendentes pronunciadas no percorrido. En caso de mal tempo, é recomendábel o paraugas e sempre CALZADO CÓMODO.
CUBERTAS DA CATEDRAL
Subir ás cubertas do Santuario Xacobeo é ter acceso a un lugar privilexiado desde o que se pode completar a visión da Basílica, e, ao mesmo tempo, obter unha diferente visión da cidade. Dí Aymerico Picaut, no Codex Calixtinus, que o que estea melancólico, se sube ao alto, baixará ledo.
Imprescindíbel calzado baixo e cómodo.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Maiores de
12 anos
1 h. mércores 16.00 Pazo Xelmírez
15.55 h.
25
persoas
Maiores de
12 anos
1 h. sábado 10.00 Pazo Xelmírez
09.55 h.
CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
Nunha cidade de contrastes, a Catedral e as súas torres teñen a súa contraparte na Cidade da Cultura de Galicia, de Peter Eisenman. Esta obra, unha das poucas de Peter Eisenman en Europa, conforma un novo cumio para o monte Gaiás, e contará con seis edificios, dos que o primeiro xa está rematado.
Imprescindíbel calzado baixo e cómodo.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
30
persoas
Maiores de
14 anos
1 h. 30 min. sábado 10.00 Explanada
Multiúsos Sar
09.55 h.
30
persoas
Maiores de
14 anos
1 h. 30 min. sábado 12.00 Explanada
Multiúsos Sar
11.55 h.
TOUR GASTRONÓMICO
O Tour Gastronómico é unha visita guiada que discorre por tendas tradicionais e percorre o popular Mercado de Abastos, que é tamén conxunto monumental e o segundo lugar máis visitados despois da Catedral. Coñecerán a fondo as claves da nosa cultura gastronómica e da dieta atlántica así como os segredos dos alimentos (peixes e mariscos, carnes, queixos e viños,…) e os métodos de cociñado máis típicos.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Todos os
públicos
2 h. xoves
e
sábado
11.00 Oficina Turismo de Santiago
(Rúa do Vilar)
10.55 h.
TOUR NOCTURNO
Descubrir paseando en compañía dun guía os principais atractivos de Santiago pola noite, fora dos horarios turísticos habituais e co encanto engadido de ver a cidade iluminada, entrar nos silenciosos claustros do Hostal dos Reis Católicos e coñecer algunha das zonas máis animadas da vida nocturna compostelá. A visita remata nun pub cunha degustación de queimada.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Todos os
públicos
2 h. venres
e
sábado
21.00 Oficina Turismo de Santiago
(Rúa do Vilar)
20.55 h.
VISITA GUIADA AO PATRIMONIO HISTÓRICO DA UNIVERSIDADE
Unha visita guiada polos espazos máis emblemáticos da máis de cinco veces centenaria universidade compostelá da man de especialistas doutorandos en xeografía e historia da arte. Percorre os colexios e bibliotecas máis antigos da institución e finaliza coas espectaculares vistas da cidade que nos regala a terraza da facultade de xeografía e historia, incluíndo ademais a oportunidade única de contemplar o facsímile do libro de horas de Fernando I de León, o libro máis antigo de Compostela, custodiado pola Universidade
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
20
persoas
Maiores de
16 anos
1 h. 30 min. mércores
e
venres
18.30 Claustro de Fonseca
16.25 h.
TREN TURÍSTICO
Un percorrido moi cómodo e sorprendente: rodea a cidade histórica, descubre xardíns con arquitecturas de autor e fai gozar das vistas panorámicas da zona monumental e da Catedral. O vehículo está cuberto e conta con servizo de megafonía.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
60
persoas
Todos os
públicos
1 h. luns
a
sábado
11.00 Praza do Obradoiro
10.55 h.
AUDIOGUÍA DIXITAL MP3
Proponse unha visita á cidade histórica a través dun cómodo sistema de audioguía dixital MP3 que se manexa con facilidade, dosificando os tempos da visita ou repetindo cantas veces se queira.
No momento da recollida do MP3 solicitarase un depósito reembolsable de 50,00 euros a modo de garantía de devolución do aparato.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
15
persoas
Exclusivamente maiores de
18 anos
10 h.
(dispoñibilidade máxima)
luns
a
domingo
de 09.00 a
14.00 e de 16.00 a
19.00
Recollida e entrega Oficina Turismo de Santiago
(Rúa do Vilar
VISITAS A MUSEOS  
NOVA
MUSEO COLEXIATA DO SAR

O Museo da Colexiata do Sar atópase nun edificio anexo ao lado sur da igrexa. A exposición desenvólvense en tres salas que presentan, entre outras, pezas relacionadas co priorado do Sar e a vida monacal, pezas relacionadas coa vida parroquial da Colexiata, pezas de ourivería, ornamentos litúrxicos, escultura, etc. e tamén traxes tradicionais galegos, pertencentes á agrupación folclórica Colexiata do Sar. O percorrido complétase coa visita ao Claustro. VISITA LIBRE, SEN GUÍA.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
20
persoas
Todos os
públicos
1 h. 30 min. luns
e
martes
17.00 Porta principal
Colexiata do Sar
16.55 h.
NOVA
MUSEO DE TERRA SANTA

O convento de San Francisco, conxunto monumental fundado no 1214, acolle a exposición permanente do Museo de Terra Santa. Ademais de gozar do edificio, exemplo do Barroco galego, a visita supón a oportunidade única de coñecer a cultura material e a historia do Próximo Oriente, posto que se presenta un percorrido por todos os momentos históricos do actual Estado de Israel.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
20
persoas
Todos os
públicos
1 h. 30 min. martes 7
martes 21
martes 28
16.30 Porta Hotel Monumento San Francisco
16.25 h.
MUSEO DA CATEDRAL
Neste museo recóllense as pegadas das extraordinaria historia do santuario que custodia o sepulcro do Apóstolo. É tamén memoria da peregrinación, cun percorrido situado en distintas dependencias da Catedral, o que permite un coñecemento completo da historia e da importancia artística dun centro de culto e cultural fundamental para a humanidade.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
20
persoas
Todos os
públicos
1 h. domingo 10.00 Porta Museo
Pr. Obradoiro
9.55 h.
20
persoas
Todos os
públicos
1 h. martes 16.00 Porta Museo
Pr. Obradoiro
15.55 h.
CGAC
Deseñado polo portugués Álvaro Siza, premio Pritzker de arquitectura, o Centro Galego de Arte Contemporánea, mostra as liñas directrices do arte das últimas décadas mediante retrospectivas de artistas que contan con un recoñecemento internacional. Visita guiada.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Todos os
públicos
1 h. 30 min. mércores 16.30 Porta principal
Ramón Mª del Valle Inclán
16.25 h.
MUSEO DO POBO GALEGO
O antigo convento de San Domingos de Bonaval alberga hoxe un museo que a través dun amplo e variado conxunto de pezas ofrece unha panorámica das manifestacións máis representativas da cultura propia de Galiza: o mundo do mar, os oficios tradicionais, o campo, a indumentaria e a arquitectura popular... Visita guiada.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Todos os
públicos
1 h. 30 min. xoves 16.00 Porta principal
Rúa San Domingos de Bonaval
15.55 h.
FUNDACIÓN GRANELL
A Fundación Museo Eugenio Granell ten a súa sede no Pazo de Bendaña, situado na céntrica praza do Toural. Este museo alberga unha amplísima colección de obras do propio artista, incluíndo as súas coleccións surrealista e étnica, e obras de outros autores do movemento como Philip West. Visita guiada.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Todos os
públicos
1 h. 30 min. mércores 17.00 Porta principal
Pazo de Bendaña
Praza do Toural
16.55 h.
MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS
A transcendencia que para a cultura europea e a da América hispana tiveron a peregrinación e o culto a Santiago, desde as súas orixes ata hoxe, queda reflectida nunha magnífica exposición distribuída ao longo de 8 salas. VISITA LIBRE, SEN GUÍA.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Todos os
públicos
1 h. venres 17.00 Porta principal
Rúa San Miguel, 4
16.55 h.
GALICIA DIXITAL
Espectacular inmersión sensorial, nun novo espazo expositivo, cunha coidada ambientación, no que se advirte o progreso das novas tecnoloxías, que permiten a superación do espazo, o tempo e posibilitan a interactividade para acadar que o público sinta o que é “Galicia Dixital”.
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
18
persoas
Todos os
públicos
1 h. luns
a
sábado
11.00
12.00
13.00
17.00
18.00
19.00
Praza da Inmaculada
(Seminario Maior)
5 min. antes da hora da visita
EXCURSIÓNS  
FISTERRA
Unha excursión por paisaxes naturais e recursos histórico-artísticos do infindo e interesantísimo patrimonio co que conta Galicia, que merece ser coñecido e recoñecido.
NON SE INCLÚEN AS COMIDAS
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Todos os
públicos
Toda a xornada sábado de 09.00
a
20.00
Punto de saída bus
R/Doutor Teixeiro
08.55 h.
RÍAS BAIXAS
Esta excursión transcorre pola península do SALNÉS, entre as Rías Baixas de Arousa e de Pontevedra, rías resgardadas, moi produtivas, sementadas de bateas nas que crecen os mellores mexillóns do mundo.
NON SE INCLÚEN AS COMIDAS
GRUPO
MÁXIMO
  IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORA   PUNTO DE
ENCONTRO
25
persoas
Todos os
públicos
Toda a xornada mércores de 09.00
a
20.00
Punto de saída bus
R/Doutor Teixeiro
08.55 h.
VISITAS ESPECIAIS PARA ESCOLARES  

UN PERCORRIDO DIDÁCTICO E DIVERTIDO:
TREN TURÍSTICO + VISITA GUIADA Á CIDADE HISTÓRICA
Percorrido no Tren Turístico e paseo guiado pola Cidade Histórica para grupos de escolares. Aprenderán e coñecerán a súa cidade dunha forma amena e accesíbel para eles.
MÁXIMO 60 ALUMNOS.

IDADE
RECOMENDADA
  DURACIÓN   DÍAS   HORARIO/PERCORRIDO   PUNTO DE
ENCONTRO
Entre 8 e
11 anos
2 h. 30 min. martes
a
xoves
10.00 h. Tren Turístico
11.00 h. Cidade Histórica
12.30 h. Fin da visita
Praza do Obradoiro
09.55 h.
CIDADÁNS CENSADOS EN SANTIAGO OU PERSOAS QUE TRABALLEN NA CIDADE