a campaña carta do Conselleiro actividades inscripción
Carta do Concelleiro
 

O obxectivo da Concellaría de Promoción Económica e Turismo é consolidar a posición de Compostela como un destino turístico internacional de primeira liña, porque o turismo beneficia á cidade, tanto polo seu impacto económico como polo dinamismo vital que crea.

Pero para continuar sendo unha referencia turística mundial todas as persoas que vivimos en Santiago temos que ser partícipes da promoción da nosa cidade.

A finalidade de Vivir Compostela é que as persoas que vivimos en Santiago redescubramos a nosa cidade a través da ollada das persoas que nos visitan. O ano pasado participaron no programa 3.400 persoas, sinal do interese do programa. Este ano, respaldados polos datos do 2007, ampliamos a oferta de visitas. En total, son 26 actividades, absolutamente gratuítas, que confirman que Santiago é grande.

Estou convencido de que o primeiro paso para promocionar correctamente Santiago no mundo é que todas as persoas que temos a fortuna de vivir aquí coñezamos a nosa cidade e nos sintamos orgullosos dela. Por iso quero animar aos composteláns e ás compostelás a gozar das actividades de Vivir Compostela.


Xose Manuel Iglesias Iglesias
Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.