estado do tempo
Hoxe é luns 21 de maio, temos 13ºC e prevese principalmente nubrado en Santiago de Compostela
  • galego
  • español
  • english
  • português
  • français
  • deutsch
  • italiano

Servizos básicos SCCB

SCCB ofrece os seguintes servizos e facilidades de xeito gratuíto:

  • Promociona a cidade como sede de congresos e de reunións profesionais
  • Fomenta o uso e desenvolvemento da infraestrutura turística da cidade e dos servizos específicos no ámbito das reunións
  • Asesora aos operadores turísticos, organizadores de feiras, asociacións profesionais, empresas, departamentos universitarios, etc., en todo o relacionado coas reunións e congresos (itinerarios, aloxamentos, espazos, recursos, servizos complementarios)
  • Apoia candidaturas e presentacións oficiais do destino: organización de visitas de inspección, fam-trips e press-trips
  • Xestiona permisos para a utilización de edificios municipais de tradición histórica e monumental e usos especiais de espazos públicos
  • Informa sobre o calendario de acontecementos festivos e similares nas datas de celebración da reunión
  • Facilita folletos e material divulgativo sobre Santiago
  • Estabelece convenios de colaboración con institucións e organizacións empresariais
  • Está presente nas principais organizacións nacionais e internacionais (Spain Convention Bureau, España Verde, Asociación de Cidades Patrimonio da Humanidade, etc.)