estado do tempo
Hoxe é xoves 24 de maio, temos 17ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Unha cidade de cine

Ante o crecente desenvolvemento da industria audiovisual galega, preparada xa para as grandes coproducións pola súa calidade técnica e humana, e para atender a demanda de produción do audiovisual internacional e española, o Concello de Santiago creou a Santiago de Compostela Film Commission no marco do Plan de Excelencia Turística (PET).

Santiago de Compostela Film Commission é unha oficina de promoción audiovisual –a primeira efectiva que existe en Galicia– sen ánimo de lucro e con vocación de servizo público. A súa finalidade é promover a imaxe da cidade, a da industria audiovisual propia e a de outras industrias que interveñen na produción audiovisual, e tamén contribuír ao seu desenvolvemento e á súa consolidación.

Santiago de Compostela Film Commission forma parte da Rede de  Cidades de Cine, unha rede de 4 países (Grecia, Italia, Portugal e España), que agrupa ás cidades de Tesalónica, Venecia, Donostia-San Sebastián, Porto, Salamanca e Santiago de Compostela. A SCFC pertence desde o ano 2002 á AFCI (Association of Film Commissioners International) e á Spain Film Commission.

Servizos:

  • Facilitar a relación entre as produtoras audiovisuais e os servizos e instalacións da industria na cidade e na súa comarca.
  • Asesoramento e información. Central de medios.
  • Tramitación de permisos municipais (rodaxe, corte de rúas e reservas de aparcadoiro, circulación en zonas peonís, subministración de bocas de rego, iluminación pública, retirada ou colocación de mobiliario urbano, patrimonio histórico do Concello de Santiago, etc.).
  • Servizo de asistencia en rodaxe.
  • Procura de localizacións.
  • Permanente relación coa comunidade, as compañías produtoras, os equipos técnicos e artísticos ou os distintos organismos e institucións.
  • Organización de eventos relacionados co audiovisual.

Santiago Film Commission

 

Etiquetas: Cine Film Commission Valoracións: 7
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.