estado do tempo
Hoxe é xoves 24 de maio, temos 17ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Taller colectivo de artes A Travesa

A Asociación de Artes A Travesa é un grupo de arte multidisciplinar, onde debuxantes, pintores, grabadores, fotógrafos, escultores e escritores, se xuntan nun taller colectivo de arte, coa única intención de acercar ó público as súas inquedanzas e creacións.

Asociación autoxestionada, rexeitando calquera tipo de subvención pública.

O Taller colectivo de arte A Travesa, situado na Rúa Travesa 17, de Santiago de Compostela,  é un espazo onde artistas e público se atoparán nun xeito diferente ós que estamos acostumados, pois é intención do grupo achegar ó público as diferentes sensibilidades de xeito natural e humano.

O taller dispón de sala de exposicións con un enfoque totalmente distinto ás salas convencionais, frías e deshumanizadas. O visitante poderá tomar un café, leer un libro, prensa, ou publicacións diversas, sentado cómodamente nunha butaca, todo de xeito gratuíto (incluido o café) e disporá tamén de wifi, para aqueles que así o precisen, mentres disfrutan dunha mostra individual de calquera dos membros do colectivo A Travesa.

Outro dos espazos que dispón o local é un taller colectivo de creación, onde o público poderá ver como se desenvolven as creacións dos pintores, escultores, debuxantes e fotógrafos (dispoñemos de cuarto oscuro, onde previa cita se poderá ver o proceso de revelado analóxico). Este taller ofrecerá unha mostra colectiva dos socios, de xeito permanente.

Ademais das habituais propostas, tamén se irán facendo distintas actividades, non só no taller, senon tamén na rúa, asi como colaboracións con outras asociacións similares.

Mais información

Localización
Rúa Travesa, Santiago de Compostela, 15704
Teléfono
881 25 75 99
Horario

Luns a venres de 19 a 22 h.
Sábados de 12 a 14 e de 19 a 22 h.
Domingos e festivos de 12 a 14 h.

Web
www.atravesa.org


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.